Feijoo, Vicente María

El castillo de Allariz / Vicente María Feijoo - 1ª ed. - Allariz : Aira das Letras , 2018 - 347 p. : il. ; 22 cm

"A historia por debaixo da novela", Antonio Blanco Rodríguez e Juan Antonio Seara Ferro; "Unha novela romántica con moito humor", Zaida Vila Carneiro; "Un médico con alma literaria", Antonio Blanco e Juan Seara

Allariz, finais do século XIV. Na vila está a piques de celebrarse unha competición cabaleiresca entre os máis lanzais nobres. Ao rematar anunciarase o próximo matrimonio entre Odisinda, a doncela máis belida e rica, e o marqués de Santa Olalla. Mais nada sairá como se pensa. A sombra o gran castelo e do seu tiránico señor, o conde don Ordoño, marcará a vida da veciñanza de Allariz para sempre.
El castillo de Allariz, de Vicente María Feijoo, permaneceu clandestino durante máis de século e medio. A súa existencia correu unha sorte parella á do castelo de Allariz. Falábase do libro pero case ninguén puidera contemplalo. Esta edición ve a luz grazas aos historiadores de Allariz Antonio Blanco e Juan Seara, que lograron atopar o manuscrito no Museo de Pontevedra e transcribiron logo o texto.


9788494481819


Fondo local
Novela histórica
Romance
Literatura recuperada


Allariz

82-N

Coa tecnoloxía Koha