Guzmán, Óscar M.

Pero... como morren as pegas? / Óscar M. Guzmán - 2ª ed, 2ª reimp. - Vigo : Galaxia , 2024 - 254 p. : 23 cm - Literaria ; 503 .

V Premio de Novela Vilar Ponte 2023, convocado polo Concello de Viveiro.

Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto. Así lle acontece a Saladino Mariño, inspector xefe da Policía Nacional, cada vez que se chanta diante dun cadáver nunha das súas investigacións criminais. Desta volta, acompañado polo seu segundo, o inefable subinspector Leopoldo Xelmírez, e o resto do seu equipo, intentarán resolver o asasinato dun magnate ourensán do transporte. Un crime onde se mesturan o roubo de xoias, o amor e a morte. Unha intriga que nos levará a percorrer boa parte da provincia ourensá, e parte de Portugal, na procura dun pasado ocultado baixo o constante grallar dunha bandada de pegas no ar.

3º-4º ESO 1º-2º BAC

9788411762489


Novela policíaca
Intriga

82-N

Coa tecnoloxía Koha