Risco, Vicente

O porco de pé / Vicente Risco - Ourense : Dr. Alveiros , 2017 - 173 p. : il. cor ; 23 cm - Biblioteca Vicente Risco ; ! .

"Na posguerra, don Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita.
Agora é presidente da Xuntanza Cidadá e doutras sociedades. A parenta botou abrigo de chinchilla e petigrís. Fixeron casa nova e teñen outro automóbil. Aínda poderían ter máis."
Así comeza O porco de pé, se cadra unha das obras máis coñecidas de Vicente Risco, ademáis da primeira novela galega moderna segundo moitos críticos.
Aínda que o pretexto da obra é o ascenso de don Celiconio cara á cúspide da sociedade nunha Galiza caciquil dos tempos da ditadura de Primo de Rivera, as súas páxinas son en realidade un cadro paródico e a un tempo amargo da época en que foi escrito. O narrador dispara a torto e a dereito contra todas as ideoloxías, correntes artísticas, agrupacións políticas e estamentos sociais, para pintar unha imaxe global e esperpéntica da Galiza de comezos do século XX, unha pintura que por momentos nos leva á risa e por momentos transforma a gargallada en desacougo amargo.
Estamos ante unha novela que reborda intelixencia, unha obra que, malia que xa pasou case un século desde que foi escrita, conserva a súa actualidade, a súa vixencia e a súa frescura nos nosos días.

1º-2º BAC

9788494272684


Literatura galega
Crítica social
Sátira
Caciquismo

82-N

Coa tecnoloxía Koha