Ortega Pereiro, Pilar (1975-)

Principio de incerteza / Pilar Ortega - 1ª ed. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2018 - 94 p. ; 22 cm - (Narrativa ; 426) .

Que pode ou debe facer unha profesora cando unha alumna trata de introducirse na súa vida persoal? Que pode ou debe facer cando esa alumna precisa, dalgún xeito, o seu apoio fóra da aula? "Principio de Incerteza" relata a historia de Lía, unha profesora de Ensino Secundario que terá que sobrepoñerse á súa propia timidez para axudar a unha alumna que atravesa por un terrible episodio na casa. Nesta viaxe emocional, Lía atoparase cara a cara co seu pasado, co seu futuro como nai e co dilema sempre aberto de ata que punto un docente debe ou non tomar parte na vida persoal dun alumno.Esta historia -estruturada en nove capítulos arredor do Principio de Incerteza de Heisenberg- aborda en última instancia o tema do amor, da soidade e da importancia das relacións interpersoais como esencia final do ser humano.

1º-2º ESO

9788491213802


Narrativa en galego
Novela Galega

821.134.4-3"21"*V

Coa tecnoloxía Koha