A neve interminable / Fernández Paz, Agustín
por Fernández Paz, Agustín
.
Tipo: 



Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES de Allariz Sala préstamo | 821.G FER nev-01 | 1 | Dispoñible | OED019000014911 |
|
XII Premio Frei Martín Sarmiento
Un equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI.
Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno
3º-4º ESO